agonia english v3 |
Agonia.Net | Policy | Mission | Contact | Participate | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||
Article Communities Contest Essay Multimedia Personals Poetry Press Prose _QUOTE Screenplay Special | ||||||
![]() |
|
|||||
![]() |
agonia ![]()
■ Venus and Adonis ![]()
Romanian Spell-Checker ![]() Contact |
- - -
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 2005-12-04 | [This text should be read in espanol] | Submited by Valeria Pintea
Campanas de Bastabales:
cando vos oyo tocar, mórrome de soidades. I Cando vos oyo tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno á chorar. Cando de lonxe vos oyo, penso que por min chamades, e d'as entrañas me doyo. Dóyome de dor ferida, qu'antes tiña vida enteira y hoxe teño media vida. Sólo media me deixaron os que d'aló me trouxeron os que d'aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Qu'os amores xa fuxiron... As soidades viñeron... De pena me consumiron. II Aló pol-a mañanciña subo enriba dos outeiros lixeiriña, lixeiriña. Com'unha craba lixeira, para oir d'as campaniñas a batalada pirmeira. A pirmeira d'alborada que me traen os airiños, por me ver máis consolada. Por me ver menos chorosa, n-as suas alas m'a traen rebuldeira e queixumbrosa. Queixumbrosa e retembrando por antr'a verde espesura, por antr'o verde arborado. E pol-a verde pradeira, por riba d'a veiga llana, rebuldeira e rebuldeira. III Paseniño, paseniño, vou pol-a tarde calada, de Bastabales camiño. Camiño d'o meu contento; y en tanto o sol non se esconde, n-unha pedriña me sento. E sentada estou mirando cómo'a lua vai saindo, cómo o sol se vai deitando. Cál se deita, cál se esconde, mentras tanto corre a lua sin saberse para donde. Para donde vai tan soya, sin qu'ôs tristes qu'a miramos nin nos fale, nin nos oya. Que si oÃra e nos falara, moitas cousas lle dixera, moitas cousas lle contara.
|
||||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() | |||||||||
![]() |
Home of Literature, Poetry and Culture. Write and enjoy articles, essays, prose, classic poetry and contests. | ![]() | |||||||
![]() |
Reproduction of any materials without our permission is strictly prohibited.
Copyright 1999-2003. Agonia.Net
E-mail | Privacy and publication policy